
A comunidade galega rexistra hoxe 41 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.096, preto de 100 casos menos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta estabilidade. Do total de pacientes positivos en Galicia, 15 (-1) están en UCI e 42 (=) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 7 contaxios novos e restando as altas, os casos totais chegan ata os 179 casos activos, once menos ca onte. Os hospitais hoxe presentan 9 (+4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (-1) na UCI.