O programa ‘Adapta Local’ achega aos consumidores o comercio de proximidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu onte á formación realizada no Carballiño no marco do programa Adapta local, un proxecto piloto que busca adaptar o comercio de proximidade aos cambios de hábitos dos consumidores apostando pola dixitalización e que está promovido pola Xunta de Galicia e pola asociación de autónomos APE Galicia. Gabriel Alén puxo en valor a importancia deste tipo de accións para impulsar a competitividade do tecido comercial, incentivando o consumo nos negocios locais de Galicia e aproveitando o abano de oportunidades que achegan as novas tecnoloxías.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ademais, lembrou que este é tamén o obxectivo do Plan estratéxico de comercio que se está a elaborar actualmente da man de todos os axentes implicados, co fin de telo listo no primeiro trimestre de 2025, e que contemplará unha batería de medidas para fortalecer o sector, impulsar os mercados e prazas de abastos, contribuír á consolidación dos centros comerciais abertos ou seguir reforzando o tecido artesán.

Combinando a formación presencial e a telemática, o programa de Adapta local pon o foco nas iniciativas innovadoras que potencien a comercialización do produto galego de forma sustentable e competitiva. Entre os contidos que se abordan están os relacionados coa transformación dixital, como a venda online e a xestión das redes sociais. Tamén cuestións que teñen que ver coa atención ao cliente, as tendencias de comercio, as finanzas e xestión de inventarios, a economía circular e o compromiso social. Ademais, tamén contempla mentorización individualizada e personalizada.

Este proxecto piloto, que se está a desenvolver en oito comarcas galegas, xa pasou por Chantada, O Barco de Valdeorras, Viveiro, Verín, Sarria, Ferrol e Tui.