Inmaculada Rodríguez será a número 5 da candidatura de Espazo Común no Carballiño

Inma con orixe nas parroquias da Piteira e Lobás é licenciada en Ciencias Químicas e técnica de laboratorio e Medio Ambiente.

Seguen sumándose nomes ao equipo que está conformando Espazo Común do Carballiño para concorrer aos comicios electorais municipais do vindeiro 28 de maio.

AVANTAR ACTIVIDADES

O posto número 5 da candidatura encabezada por Pachi Vázquez estará ocupado por Inmaculada Rodríguez Rodríguez “Inma”.

Inma, de 44 anos, está vencellada familiarmente ás parroquias da Piteira e de Lobás e é licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Vigo. Conta cunha ampla experiencia profesional como técnica de laboratorio e de Medio Ambiente, desenvolvendo unha longa carreira laboral nestes eidos a pesares da súa xuventude.

“Toda a miña familia é do Carballiño e quero contribuir a que o meu pobo mellore. Gustaríame ver unhas parroquias moito máis vivas, gustaríame acadar que foramos un referente en políticas medioambientais e de coidado do noso entorno. Hai moitas cousas que facer” afirmou Rodríguez.

“Inma é unha muller cunha traxectoria e coñecementos que van ser de gran utilidade para encamiñar o futuro do Carballiño que queremos. Seguimos na liña de conformar un equipo con xente nova pero con experiencia nos distintos eidos. Xente solvente e con gañas de transformar este pobo” dixo Pachi Vázquez, número un da candidatura.