O PSOE de Cenlle alerta de que as beirarrúas das casas modulares non cumpren a normativa

Os socialistas critican que as beirarrúas “non compren coas normativas” e afirman que se trata dunha “nova chapuza” do Partido Popular en Cenlle, que opta por construír unhas beirarrúas que invaden a estrada e que non deixan distancia de seguridade coa mesma.

Dende o Grupo Municipal Socialista manifestan que xa se puxeron en contacto cos representantes políticos do PSdeG-PSOE de Ourense no Parlamento de Galicia, para solicitar os informes sobre a construción destas beirarrúas.

O voceiro do PSdeG en Cenlle, José Rodrígyuez Veloso, destaca que na zona se atopa unha segunda casa consistorial, que nestes intres non se usa, e que se aprecia que as beirarrúas tamén invaden o espazo deste recinto.

Publicidade Premer na Imaxe