Ourense rexistra 42 novos contaxios, un incremento con respecto á fin de semana

Os hospitais manteñen a capacidade de anteción, aínda que a maioría pasa a enfermidade no domicilio.

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 268 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 5.596, unha cifra que descende con respecto a onte pero de forma moi lixeira. A presión asistencial descendeu levemente. Hoxe hai 53 (-2) persoas na UCI, e 307 (-8) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada de hoxe rexistra 42 casos novos confirmados por PCR e un falecemento. A cifra total sobe ata os 489 casos activos. Esta cifra sofre un incremento con á fin de semana na que houbo dous días de descenso de casos, deixando Ourense de ser a área de Galicia con menos casos activos e con catro días consecutivos de ascenso. Os hospitais relaxan a presión, contando hoxe con 30 persoas hospitalizadas nos tres hospitais da provincia; deles, 4 está na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES