A estación de autobuses conta xa cas dársenas renovadas

A consellería de Infraestruturas e Mobilidade finalizou os traballos de reparación da cuberta das dársenas, unha actuación que contou cunha inversión de preto de 11.000 euros e que se centrou no relevo dos máis de 250 metros cadrados da zona central. As obras incluíron tamén actuacións na zona do encontro da cuberta co edificio principal, para evitar filtracións de auga.

Estas obras son o paso previo para a rehabilitación deste edificio. A conselleira Ethel Vázquez asegurou nunha reunión co alcalde do Carballiño, Paco Fumega, que logo desta reforma a estación sería cedida ó concello. Ademais, propúxolle trasladar os servizos de autobús á estación do ferrocarril co fin de facilitar a intermodal.

AVANTAR ACTIVIDADES