Galicia e Ourense repuntan os contaxios a un día de Fin de Ano

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 441 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 5.625, unha cifra que ascendeu con respecto a onte en case un centenar de persoas. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 55 (-1) persoas na UCI, e 282 (-9) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexístrase unha nova subida de casos. Rexistra 49 casos novos confirmados por PCR, 29 altas e ningún falecido. A cifra sobe en 20 casos con respecto a onte, ata os 545 casos activos. Os ingresos nos hospitais presentan un lixeiro descenso, contando hoxe con 25 persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; delas, 3 está na UCI, unha menos ca onte.

AVANTAR ACTIVIDADES