O Concello de Boborás agradece a un veciño residente en Panamá a doazón de 7.000 mascarillas

O Concello de Boborás quere agradecer públicamente a un veciño do noso municipio, residente en Panamá, a doazón de 7.000 mascarillas quirúrxicas para a veciñanza, sobre todo a que ten máis dificultades económicas.


Moitas gracias a José Antonio González González, natural de Salón, por ter este detalle con Boborás e cos seus veciños, a pesar das distancias e das circunstancias que non son alleas para vos, quixeches ter unha atención especial.

AVANTAR ACTIVIDADES


Gracias, moitas gracias.


As persoas de Boborás que precisen mascarillas poderán vir o concello a buscalas en horario de mañá, e calquera día da semana.