Espazo Común critica o pago a unha empresa polas bases das axudas copiadas ó concello de Tui

A formación afirma que transcorreron xa dez meses dende o comezo da pandemia que azoutou con moita dureza, tanto a vida coma a economía. No Concello do Carballiño, houbo acordo entre tódolos grupos políticos para establecer canto antes unha rede de protección que permitira amortiguar o golpe. A finais de abril chegouse a un pacto unánime para destinar unha parte importante dos fondos do remanente municipal a este propósito. Dende o 12 de maio, o concello debía preparar unhas bases que resultasen sinxelas para a súa concesión. A formación critica que non foi ata o mes de agosto que saíron á luz.

Publicidade

Pouco despois, a formación soubo que a elaboración das mesmas fora contratada cunha empresa de Vigo por un importe de 17.400 €. Seguidamente, a formación criticou a concesión, que só chegou a 170 persoas das 1.400 que a ían recibir. Este caso foi moi criticado pola formación, que coñecía testimonios de persoas que quedaron fora por ter o seu comercio no Carballiño e residir en pobos da contorna ou por non pagar o alquiler a través do banco.

Agora, a formación asegura que as bases publicadas son unha copia das que elaborou o concello de Tui a principios do mes de xuño e que foron publicadas co Boletín Oficial de Pontevedra.

Espazo Común pedirá explicacións ó goberno local sobre este feito. Aínda así, dende a formación especulan con dúas posibilidades: que o alcalde tentara enganar ou que o enganar a él mesmo. Aseguran que, en calquera dos casos, pedirán responsables e aclaración do acontecido.