O concello programa actividades para o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán

O 12 de maio deste ano 2021 cumpriranse cen anos da morte de Emilia Pardo Bazán, vencellada a finais do século XIX co Carballiño, debido ao seu matrimonio con José Quiroga, natural de Banga.

Dende o concello como dende o Centro de Estudios Chamoso Lamas, considérase de sumo interese poñer en valor esta ligazón que hai entre Emilia Pardo Bazán e O Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre as actividades que se prevén desenvolver están : realizar unha reedición de El cisne de Vilamorta co obxectivo de distribuíla entre o alumnado de bacharelato dos institutos do Carballiño ademais dun acto de lectura pública, organizar un ciclo de conferencias sobre a escritora, realizar unha ofrenda floral ante o monumento á escritora na Praza Emilia Pardo Bazán, programar un percorrido urbano guiado polo Carballiño vencellado coa escritora e a celebración dun acto cultural ao aire libre, promovido por destacados persoeiros do ámbito nacional do teatro e da música.