O Carballiño mantén a mesma cifra de contaxios ca onte, con 92 casos activos

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 137 contaxiados ( +21 nesta fin de semana ). O Concello do Carballiño presenta hoxe 92 casos activos, 12 casos máis nesta fin de semana.

Boborás sobe un caso hoxe ata os 12 contaxios. Maside sobe tres casos ata os dez positivos. Beariz baixa un caso ata os 8 positivos. O Irixo sobe un caso ata os 7 contaxios. San Cristovo de Cea mantén catro positivos, San Amaro e Piñor contan con dous casos cada un. Punxín é o único libre de covid.  

AVANTAR ACTIVIDADES