O comité clínico decidirá mañá a imposición de novas restricións motivadas polo avance da covid

09,00 h.- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informará en rolda de prensa dos asuntos tratados no comité clínico. Asistirán tamén a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Sergas, José Flores. No salón de actos. Poderase seguir na ligazón https://us02web.zoom.us/j/87111017796 e a través dos teléfonos 917 873 431; 843 685 025; 917 870 058 (código da reunión: 871 1101 7796). foto xoán crespo 29/12/2020

O comité clínico que asesora á Xunta baraxa volver a aplicar o chamado “modelo Carballiño” ou algunha variante nos municipios máis afectados pola pandemia. Estuda o peche xeralizado da hostalaría e outras actividades non esenciais ca finalidade de limitar a mobilidade e reducir as interaccións. O conselleiro de Sanidade xa aseguraba esta fin de semana que o ascendo dos contaxios é preocupante, despois do récord de contaxios deste sábado con 914 casos novos. O pasado venres, o comité xa elevou as restricións en numerosos puntos, entre eles a cidade de Ourense, pechada perimetralmente e con limitacións na hostalaría e reunións. Agora estúdase unha batería de medidas que se coñecerán mañá.

O que aseguran dende Sanidade é que non se contemple o confinamento domiciliario xeral da comunidade, como xa o pediron outras zonas. Julio García Comesaña asegura que cren ter outras ferramentas sen chegar a plantexar unha medida tan extrema.

AVANTAR ACTIVIDADES