Case rematada a primeira ronda  de vacinación, a área sanitaria xa iniciou hoxe o dispositivo de vacinación contra a covid entre os sanitarios. A previsión é a de vacinar esta semana a 2.500 profesionais, os primeiros mil xa hoxe.

Dende as 08:00 horas desta mañá comezaron as vacinacións nos tres hospitais de Ourense e nos Servicios de Atención Primaria. No Carballiño, as vacinas chegaron pasadas as 09:15 horas e durante a mañá desprazáronse ata o PAC os profesionais de toda a comarca.

A vacinación desta primeira fase non é por categorías profesionais, se non por servicio/exposición do persoal ante a covid. En Atención Primaria vacinouse a todo o persoal: hixienistas, médicos, limpiadoras e enfermeiras. Nos hospitais tamén se diu prioridade á exposición e vulnerabilidade, vacinando primeiro as unidades Covid, de Urxencias, UCI, oncoloxía, hematoloxía ou pneumonía.