Ribadavia sobe hoxe ós 51 casos de covid-19 e Leiro xa suma 42, sete máis ca onte

Ribadavia presenta hoxe o máximo da comarca, rexistrando 51 casos activos, tres casos máis ca onte e encadeando máis dunha semana de subida pronunciada de contaxios.

O concello de Melón mantén os seis casos activos e Beade mantén tamén catro casos. Arnoia baixou hoxe dos 5 ós 4 casos. Carballeda de Avia e Cortegada contan cun caso activo, Cenlle con dous e Castrelo de Miño con tres casos. Avión é o único concello que está libre de coronavirus.

AVANTAR ACTIVIDADES

O aumento no número de casos positivos en Covid-19 rexistrado en tan pouco tempo no concello de Leiro débese ao brote declarado no xeriátrico da localidade, que afecta a máis de 30 persoas e que ascende no total do concello a 42 persoas, sete máis ca onte.

A gran maioría dos casos activos son asintomáticos podendo confirmar por fontes autorizadas que a situación esta estable.

Solo houbo que hospitalizar a un dos primeiros casos por precaución xa que tiña previamente patoloxías relacionadas co aparato respiratorio.