A Xunta e Cenlle asinaron hoxe un convenio para a humanización da travesía de Trasariz

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe co alcalde de Cenlle un convenio de colaboración paea impulsar a humanización e o reforzo da seguridade na travesía de Trasariz, que suporá unha inversión de máis de 170.000 euros. A este acto tamén acudiu o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Este proxecto contará cunha actuación en 450 metros lonxitude, que conecta un treito antigo da N-120 co núcleo de Trasariz. O convenio asinado hoxe recolle os traballos necesarios para a execución ese itinerario peonil, nesta travesía que non dispón actualmente de beirarrúas nin de delimitación de carrís, pero conta con ancho suficiente para poder construir esta senda. Este proxecto levan enriba da mesa varios anos, dende que Gabriel Alén estaba ó mando deste concello e por fin farase realidade. A Xunta asume o custo da execución na súa totalidade, mentres o concello se compromete a redactar o proxecto, que xa está elaborado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, Ethe Vázquez tamén se referiu hoxe ó estado da estrada AP-9 galega, a única de España que subiu este xaneiro o custo da peaxe.