O edificio sociocultural de Boborás cumple un ano da súa inauguración

Hoxe fai un ano dun día histórico para Boborás. Nesta mesma data en 2020, inaugurábase o Edificio Sociocultural “Manuel Chamoso Lamas”, contando ca presenza da súa filla e neta, e ubicado nun espazo que eran as antigas vivendas dos mestres do colexio público e incluso doutras profesións.

Con esta reforma pretendíase amosar que sí é posible dar unha nova vida ós edificio en desuso para o desfrute dos veciños e que o rural tamén conta con inversións fortes. A pesar da situación da pandemia, o edificio mantén a súa actividade con todas as garatías sanitarias.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o concello quixeron recordar hoxe esta data e agradecer o apoio económico á Xunta de Galicia e á Deputación de Ourense, que se amosaron dispostos a axudar neste e noutros proxectos. Nesa inauguración contouse co presidente de ambas entidades, Alberto Núñez Feijóo e Manuel Baltar, unha visita que a alcaldesa, Patricia Torres, agradeceu tamén.