O concello celebrará o 8M cun acto institucional con centros educativos e asociacións

O concello do Carballiño presentou esta mañá en rolda de prensa a programación prevista para celebrar o próximo 8M, Día Internacional da Muller Traballadora. Foron presentadas pola concelleira de igualdade, Lupe Sobrado.

En primeiro lugar, haberá dúas obras de teatro centradas nesta materia e con fins de concienciación. Terán lugar mañá sábado día 5 e o próximo sábado, día 12.

AVANTAR ACTIVIDADES

O próximo martes, 8 de marzo, terá lugar o acto institucional no salón de plenos do concello ás 12:00 horas, ca participación, como xa é tradicional, dos centros educativos, Bo Día Familia, Cruz Vermella, Aspadisi, Asdifica e asociacións de mulleres. Ademais, nos centros educativos tamén haberá outras actividades de senbilización, explicadas pola concelleira.