Aínda non hai decisión sobre a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

A DIRECCIÓN DA MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO DE RIVADAVIA NON TOMARÁ NINGUNHA DECISIÓN SOBRE A SÚA VIABILIDADE ATA QUE AS AUTORIDADES SANITARIAS NON ESTABLEZAN AS CONDICIÓNS PARA A REAPERTURA DOS ESPAZOS PÚBLICOS CULTURAIS

Roberto Pascual, o presidente da Mostra Internacional de Teatro que se celebra cada verán en Ribadavia afirma que barallan a cancelación deste evento cultural multitudinario pero que non tomarán ningunha decisión ata que as autoridades sanitarias non establezan as condicións para a reapertura dos espazos públicos culturais coas medidas de seguridade necesarias. Pretenden enviar un comunicado a mediados do vindeiro mes de maio con mais información.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así mesmo, Roberto Pascual, como membro do consello do INAEM, o Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, valora muy positivamente que o goberno promova coas comunidades autónomas un pacto de estado da cultura como ben de primeira necesidade e dinamizador da economía, e que nestes tempos de confinamento estase salientando ainda máis a súa importancia. Que as empresas e persoas que se dedican á cultura sexan tamén unha parte crucial na recuperación da economía da sociedade.

VIDEO