A Festa do Pan de Cea manten a súa intención de celebrar a ” andaina solidaria “

A Festa do pan de Cea manten a súa intención de celebrar a andaina solidaria de cando a situación sexa segura para todos os participantes

Esta fin de semana íase celebrar a quinta edición da Andaina Solidaria Festa do Pan de Cea 2020. É un evento deportivo que pretende poñer en valor a contorna desde municipio. A organización tomou a decisión de cancelar este evento polas circunstancias derivadas da Covid-19 pero manteñen a súa intención de celebrala de novo cando a situación sexa segura para todos os participantes. A organización anuncia que a ruta que teñen preparada para cando poida ser posible non defraudará.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nas catro edicións anteriores visitáronse un total de sete parroquias do concello, e para esta, estaba previsto visitar catro novas parroquias.