O PSOE do Irixo pide ó concello que apoie a concentración parcelaria de San Cosme

O grupo socialista reclama que o concello ten que ir moito máis ala dun compromiso verbal cos veciños de San Cosme de Cusanca en apoio a concentración parcelaria que veñen pedindo dende fai anos na parroquia e piden que o pleno se manifeste en apoio á iniciatia e a petición do pleno a súa aprobación e inicios dos traballos por parte da Xunta de Galicia a maior brevidade posible. Piden tamén que o concello organice unha serie de reunións informativas para coñecer todos os detalles e poidan decidir.

Tamén piden que se debata o uso por todos os veciños da maquinaria municipal, xa que sinalan que non é a primeira vez que denuncian un uso privado destes bens, coma retroescavadoras, tractor desbrozadora ou camión elevador.

AVANTAR ACTIVIDADES