En Ribadavia: Convocatoria e bases de selección para o proceso de selección de auxiliar administrativo en réxime de funcionario interino

Convocatoria ao proceso de selección dunha praza de auxiliar administrativo, na modalidade de funcionario interino ata a incorporación da titular da praza.
Órgano de aprobación: Xunta de Goberno Local do día
02.09.2022.
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais seguintes ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
As solicitudes, de conformidade co disposto nas bases, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello.
Bases da convocatoria: poderán ser consultadas na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios da casa do Concello, en horario de oficina, durante o prazo de presentación de solicitudes.
Prazas ofertadas: as previstas nas bases da convocatoria.
Ribadavia, 2 de setembro de 2022. A alcaldesa.