O alumnado do IES O Ribeiro realiza prácticas de poda na Estación da EVEGA

Alumando do Ciclo Formativo de grado medio de Elaboración de Aceites e Viños e Ciclo Formativo de grado Superior de Vitivinicultura, que se imparte no I.E.S. O RIBEIRO (Ribadavia), tivo a oportunidade de introducirse máis a fondo na realidade do sector da vitícola, fruto do Convenio de Colaboración existente entre o EVEGA e o IES O Ribeiro

Así é que, no martes día 23 de febrero celebrouse unha xornada formativa nas  fincas situadas nas instalacións do EVEGA (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia) no Concello de Leiro na que o alumnado tivo a ocasión de practicar os diferentes sistemas de poda co asesoramento do persoal do EVEGA e docente do propio IES O Ribeiro.

AVANTAR ACTIVIDADES