Ourense evidencia a maior baixada de casos da terceira vaga, con 187 casos activos menos ca onte

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 617 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 16.643, baixando a cifra en preto dun millar de persoas dende onte. Estas cifras amosan unha tendencia positiva, resaltada na última semana, na que se comezou a baixar dos 20.000 casos. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 234 (-6) persoas na UCI, e 911 (-64) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexístrase unha xornada con cifras moi esperanzadoras. Contamos con 65 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 187 casos, a maior baixada das últimas semanas, ata os 1.699 casos totais. Os hospitais hoxe amosan estabilidade, contando con 140 (-8) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 18 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES