O Psdeg-Psoe de Cartelle quere impulsar a recuperación, arranxo, limpeza e posta en valor das fontes e lavadoiros municipais que se atopan nun estado “deplorable”

IES CHAMOSO LAMAS

Os socialistas tamén instan ao goberno municipal do PP á limpeza da maleza das estradas e camiños para unha correcta mobilidade da veciñanza tanto a pé como en vehículo

Para o voceiro do PSdeG en Cartelle, Jesús Pereira, a situación “é insostible” xa que como relata a veciñanza “está farta de queixarse e que fagan caso omiso das súas peticións e reclamacións”

HIPER MASIDE

O PSdeG-PSOE de Cartelle tratará de impulsar a través dunha moción no vindeiro pleno municipal a recuperación, arranxo, limpeza e posta en valor do patrimonio municipal como son as fontes e lavadoiros dos diferentes núcleos de poboación. Instan ao goberno municipal do Partido Popular a limpeza da maleza das estradas e camiños de acceso aos núcleos para unha correcta mobilidade da veciñanza tanto a pé como en vehículo.

Ante o calamitoso estado no que se atopan as fontes, lavadoiros, estradas e camiños de practicamente todo o termo municipal de Cartelle, os socialistas toman cartas no asunto e dea dunha vez por todas “resposta as reclamacións e queixas” dos veciños e veciñas do municipio. Dende o Grupo Municipal Socialistas consideran que “é de vital importancia” a elaboración e posta en marcha dun plan integral de limpeza para rematar deste xeito co “abandono e desleixo” que sofren determinadas zonas do Concello e “recuperar” bens patrimoniais en perigo de desaparición entre a maleza e o paso do tempo.

Para o voceiro do PSdeG-PSOE en Cartelle, Jesús Pereira Vázquez, a situación “é insostible” e relata que a veciñanza “xa está farta de queixarse e que ninguén atenda as súas demandas”. O concelleiro socialista considera que o Concello “debe pórse a traballar de xeito inmediato para rematar co abandono” nun municipio onde cada día “hai máis queixas da veciñanza por mor do abandono das fontes e lavadoiros e porque os camiños e estradas se atopan invadidos pola maleza”.

Pereira critica que o goberno municipal do PP “mire para outro lado ante a situación de abandono que vive o noso patrimonio” e lémbralles que “é a súa tarefa conservar en bo estado tanto fontes coma lavadoiros, así como as estradas e camiño de acceso ás aldeas”. Apunta tamén a que “mellorar o día a día da nosa veciñanza, a súa calidade de vida e conservar o patrimonio de Cartelle é clave nun correcto desenvolvemento do noso municipio”.

Os socialistas denunciaron fai escasos días que as fontes e lavadoiros de Muntián e Pereda se atopaban nunha situación “impracticable”, que lle impedía o acceso aos veciños e veciñas a estas zonas recreativas. Ademais puxeron en coñecemento que na fonte de Sanguñedo vívese unha situación propia da “época medieval” porque non hai un cano axeitado para a recollida de auga e que unha fonte na Armada foi destruída ante o silencio cómplice do PP. A estas denuncias sumouse nos últimos días as queixas da veciñanza de Sande sobre a fonte do crego, tamén totalmente impracticable, co tanque do lavadoiro totalmente cheo de escombros.