O concello de Boborás colabora na difusión de vivendas dispoñibles para a venda ou alquiler

Dende o concello de Boborás anuncian que nas últimas semanas recibiron numerosas solicitudes de información de persoas interesas en mercar casas no municipio. Xa son varias as vivendas que se venderon e dende a administración local mostran a súa total satisfacción de que a xente mostre interés en querer vivir na vila.

Ca fin de axudar ás persoas que estén interesadas, dende as redes sociais do concello irán publicando os anuncios que atopen de vivendas en venda ou alquiler e tamén todas aquelas opcións que a xente lles envíe de xeito privado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nestos anuncios publicarán unha imaxe do inmoble, un teléfono de contacto e, no caso de sábelo, tamén o prezo ó que está dispoñible.