As aglomeracións no casco urbano, principal incidencia das últimas fins de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

En xeral, o incumprimento das medidas estase a facer notar nas rúas. Na cidade de Ourense, a Policía tivo que facer fronte a episodios coma aglomeracións nas rúas e botellóns. Ribadavia, ó entrar no nivel medio, esixía proba PCR ou vacinación para o ocio nocturno. Os parques públicos quedaron pechados das 23h a 7h na fin de semana co fin de evitar botellóns e vixiar o
cumprimento das medidas de lecer nocturno.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No Carballiño, que se mantén sen cambios nas medidas restritivas, esta fin de semana puidéronse ver aglomeracións nos exteriores dos locais. Esta canle tivo acceso a imaxes nas que se pode ver como se incumpren varias medidas, coma o uso de máscara, a distancia de seguridade ou outras como o consumo de alcohol na rúa. Hoxe falamos ca Policía Local sobre esta situación.