Os senadores do PPdeG poñen en valor que onte Alfonso Rueda defendera no Senado os intereses dos galegos e o papel que Galicia ten que representar no conxunto de España

●         Os senadores do PPdeG manifestaron o seu orgullo pola intervención do presidente Alfonso Rueda onte na Comisión Xeral de Comunidades Autónomas do Senado, da que destacaron a súa defensa dos intereses dos galegos e do papel que Galicia ten que representar no conxunto de España

AVANTAR ACTIVIDADES

●         “Rueda expresou con toda claridade que Galicia non quere máis, pero tampouco quere ser menos que ningunha outra comunidade autónoma. E, polo tanto, non imos tolerar nin permitir que outros traten de pisar os nosos intereses”, destacou José Manuel Barreiro

●         O senador por Lugo subliñou que os galegos están representados na Cámara Alta por 14 senadores fronte aos 5 que suman os partidos de esquerda: “Isto non só denota unha diferenza obvia desde o punto de visto cuantitativo, senón tamén unha diferencia cualitativa no que se refire á responsabilidade que iso implica”

●         Unha responsabilidade que se reflicte, segundo apuntou, no feito de que na sesión de onte no Senado estivesen presentes representantes de practicamente todas as comunidades autónomas “salvo aquelas onde goberna o PSOE” e non estivese presente tampouco ningún representante do Goberno do Estado

●         “Non deixa de ser curioso que o PSOE renunciara a debater esta cuestión nun momento no que están en cuestión a igualdade dos españois fronte á lei e o imperio da Xustiza”, engadiu

●         A presenza dos presidentes autonómicos do PP, polo tanto, “deixou claro que a inmensa maioría da representación da cidadanía española está en contra de que se establezan diferenzas entre os españois dependendo de onde vivan”

●         Lamentou neste sentido que os cidadáns das comunidades gobernadas polo PSOE “vaian ter que facer fronte a esa discriminación e a esa vulneración do principio de igualdade mentres os seus presidentes miran cara outro lado”

●         Para Barreiro, no Senado onte non só se falou da “ruptura cos principios da Constitución española”, senón tamén dun trato diferencial desde un punto de vista financeiro: “O presidente de Cataluña está reclamando 450.000 millóns de euros que supostamente lle debe o Estado e ademais a condonación dunha débeda que ascende a 80.000 millóns. Isto non vai só de que se lle condone a débeda a Cataluña, senón de que os galegos e o resto de españois teremos que pagar esa cantidade”

●         Os populares anuncian que utilizarán todas as medidas “para que non se produza este atropelo para o conxunto do país e para todos os galegos”

●         “Nós queremos o mellor para Cataluña como o queremos para Galicia, pero co que non estamos de acordo é con que os independentistas cataláns queiran tratar de suplir as súas carencias a costa do conxunto do país e tomar decisións que nos afectan a todos de xeito unilateral, nin co feito de que os mesmos que cometeron un delito e están fugados da Xustiza sexan os que decidan o futuro de España”, remarcan

●         José Manuel Barreiro concluíu a súa intervención conrapoñendo a situación de “desgoberno” que se da a nivel nacional fronte á estabilidade da que goza Galicia con Rueda á cabeza e que, segundo indicou, “non é froito da casualidade”

●         “Galicia goza de estabilidade grazas a un Goberno que traballa con normalidade e toma decisións sobre as cuestións que realmente preocupan aos galegos, como a sanidade, a educación, a dependencia ou as infraestruturas; tal e como se pode comprobar nos Orzamentos que se acaban de aprobar”, explicou

●         “O PPdeG cumpriu onte no Senado coa súa misión de defender o interese xeral dos galegos e do conxunto dos españois fronte a outros que non só non cumpriron, senón que nin asistiron”, sentenciou ao seu remate