Cáritas lanza unha campaña para a axuda solidaria a Ucrania racadando enseres

IES CHAMOSO LAMAS

Cáritas Parroquial do Carballiño lanzou unha campaña solidaria na que buscan a colaboración cidadá para colaborar con Ucrania, país que está a sufrir o asedio armado por Rusia. Hoxe falamos co párroco do San Cibrao, Don Jorge Juan Pérez, coordinador desta campaña para saber que é o que máis se precisa.

Pídese axuda ca entrega de mantas e roupa de abrigo, medicamentos e alimentos, sobre todo que sexan de cociñado instantáneo. Os puntos onde poderán depositarse son en Cáritas e na igrexa da Veracruz, e ademais cada vez hai máis puntos que se están sumando, coma os concellos da contorna e algúns establecementos ou incluso varios centros educativos do Carballiño.

OZOCOgz Deseño Galego

A próxima semana sairá o primeiro camión dunha empresa de loxística que se ofreceu a colaborar para levar a mercadoría desde Galicia ata a fronteira de Polonia con Ucraína onde se repartirá algunha mercadoría e outra seguirá ata a cidade ucraína de Leópolis, situada a 80 km da fronteira.