Gloria Bernárdez: “en Galicia temos unha hostalaría moi fiable e altamente formada na restauración sen glute e isto é importante comunicalo”

IES CHAMOSO LAMAS

ACEGA destaca a falta de información e formación continua por
parte do sistema sanitario no ámbito da enfermidade celíaca; malia
que cada vez existen máis ferramentas e estudios para detectala.
● “A celiaquía e unha enfermidade. Non é un capricho, nin unha dieta,
nin unha moda. É cada vez máis coñecida pero ainda falta moito
traballo por facer” asegurou Gloria Bernárdez, Presidenta de ACEGA.
● “O celíaco é un cliente moi fiel e mobiliza a todo o seu entorno. A
Hostalería está adaptándose a este tipo de sensibilidades, con todo
falta información e preparación” afirma Thor Rodríguez, Presidente
de Hostalaría Compostela

O centro sociocultural de Vite ‘José Saramago’ acolleu a II Xornada
de Restauración sen Glute, organizada pola Asociación de Celíacos de
Galicia (ACEGA), coa colaboración da Consellería de Política Social da
Xunta de Galicia, da Asociación Hostalaría Compostela, entre outros.
A presidenta de ACEGA, Gloria Bernández, e o presidente de
Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, inauguraron o evento ás 10:00
horas. A xornada continuou coa intervención de Nuria Colmenero, que
explicou o programa ‘Restauración en Galicia Sen Glute’.
A presidenta, Gloria Bernárdez, comentou que “dende que se
publicou a Lei de alerxenos 1169/2014, ACEGA comezou a adicar moitos
máis recursos para formación dos restaurantes” . E como exemplo deste
traballo participou nesta xornada, a xerente de La Sastrería (A Coruña),
Sandra Varela, o primeiro restaurante que asesoraron dende ACEGA,
a cal destacou a importancia do traballo da Asociación Celíacos de Galicia
e o valor analítico aportado para o seu negocio.
Bernárdez aproveitou este evento para anunciar que “este ano
2022, dende ACEGA, van un paso máis alá. Farán un gran esforzo e
destinarán gran parte dos seus recursos a que o 100% das analíticas aos
restaurantes se fagan en laboratorio”. E quixo deixar moi patente que
“non hai graos de celiaquía nin comer sen glute é unha moda”.
A continuación, Thor Rodríguez moderou a mesa ‘A importancia da
comunicación na hostalaría’, con Alberto Travesa, da revista ‘La Alacena
Roja’, e Uxía Álvarez, de SOC Comunicación.
Thor destacou que “o celíaco é un cliente moi importante para o
sector, dado que condiciona e mobiliza ao seu entorno á hora de escoller
un restaurante” . Ao que engadiu: “se ofertamos un menú íntegramente
celíaco ou con unha maioría de opcións sen glute, atraeremos a un
colectivo moito máis alá dos celíacos. O celíaco é un cliente moi fiel.
Probablemente o máis fiel que coñezo, e con el acode toda a familia ou
grupo de amigos. Case podemos dicir que o 100% do seu entorno
empatiza con él”
A xornada rematou cunha mesa de hostalaría na que participaron
representantes de establecementos asesorados por ACEGA: Sara Cantón,
do Obrador Pan Para Todos (Vigo); Sandra Varela, do restaurante A
Sastrería (A Coruña); Yolanda Buceta, do Obrador Ecogalletas (Padrón); e
Sergio Delpont, do restaurante O Sendeiro (Santiago).
Sergio Delpont, xerente de O Sendeiro (Santiago), destaca que
“deberemos seguir formando non só aos restaurantes, non só comunicar e
traballar para o colectivo da hostelería” coincidindo con Bernárdez en que
“é necesario formar á sociedade”.
Continuou dicindo que “preséntanse moitas situacións moi
complicadas, chegan moitos clientes dicindo que lle poñas o primeiro e o
segundo prato sen glute, pero a sobremesa con glute, que un pouco non
lle afecta. Estas situacións non imaxinan o que afecta para o
funcionamento do restaurante, porque ninguén sabe o traballo que hai
dentro da cociña para evitar a contaminación cruzada.” Ao que engade
Delpont “é importante comunicalo ben; é básica a comunicación nese
aspecto e para iso é vital a difusión en medios e redes sociais.”
A subdirectora da Dirección Xeral de Familia, infancia e dinamización
demográfica da Xunta de Galicia, Cristina Blanco Aragón, clausurou o acto
recoñecendo a labor que está realizando ACEGA para visibilizar esta
enfermidade en todos os ámbitos e especialmente traballando na
formación especializada da hostalaría.

O Proxecto “Restauración en Galicia Sen Glute”
“Restauración en Galicia Sen Glute” é un proxecto da Asociación de
Celíacos de Galicia que conta coa colaboración da Consellería de Política
Social da Xunta de Galicia. A través del, ofrecen información e
formación aos establecementos hostaleiros de maneira gratuíta
acerca de como elaborar un menú sen glute de maneira segura e libre de
contaminación cruzada.
Ademais do asesoramento personalizado, os establecementos que
forman parte do proxecto sométense a controis analíticos por parte da
asociación e contan cun selo de calidade que o identifica como
establecemento apto para celíacos.
Por outra banda, dende ACEGA dan difusión a todos os
establecementos que forman parte do proxecto, para así facilitar que as
persoas celíacas podan acceder a unha hostalaría máis segura para
eles.
ACEGA destinou unha gran cantidade de analíticas in situ en todos
os restaurantes que levan formado en toda a súa traxectoria, que xa
superan os 200 restaurantes en toda Galicia, chegando a ser a
segunda comunidade autónoma que acadou máis restaurantes formados
neste ámbito.
Celiaquía: ¿enfermidade autoinmune ou alerxia alimentaria?
Dende hai uns poucos anos, a celiaquía catalógase como
enfermidade autoinmune e non como unha alerxia alimentaria, dado
que esta doenza parte dun xen do propio enfermo e é incurable. Polo que

este logro, que é o recoñecemento de enfermidade crónica e non unha
mal chamada alerxia ou intolerancia alimentaria, enorgullece aos
membros de ACEGA tras un longo traballo de visibilización.
Segundo a presidenta, “xa non é problema do descoñecemento da
enfermidade celíaca pola poboación xeral se non tamén por parte da nosa
sanidade. Falta información e formación e temos que ir a veces petar a
porta do médico para explicar o que é a enfermidade en sí, que hai novos
protocolos de diagnóstico, e moitos deles non o aplican. É precisa unha
modernización e formación continua do sistema sanitario”.
Sobre ACEGA
A Asociación de Celíacos de Galicia (celiacosgalicia.es) é unha
entidade sen ánimo de lucro que se fundou co obxectivo fundamental de
axudar a todas as persoas afectadas pola Enfermidade Celíaca e Dermatite
Herpetiforme.
Agrupa con carácter voluntario a celíacos, os seus familiares e a
todos aqueles enfermos que sigan un tratamento que esixa manter unha
dieta sen glute, a fin de tratar as solucións máis idóneas aos problemas de
tipo social, psicolóxico e técnico que poden presentarse como
consecuencia da súa condición.
Contan con case 2.000 asociados en toda Galicia. Sábese que
entorno ao 2% da poboación de Europa é celíaca, pero aínda así, debido
ao difícil diagnóstico e ao gran descoñecemento desta patoloxía, o 75%
dos casos están sen diagnosticar.
É por isto que dende ACEGA buscan sensibilizar á poboación e ás
administracións públicas sobre a problemática que se deriva da
enfermidade celíaca e mellorar así a calidade de vida das persoas celíacas

favorecendo a súa integración social con distintas actividades e
formacións.
Ofrecen varios servizos, tanto aos socios coma á sociedade en
xeral, sendo algúns deles a información e asesoramento ao celíaco
recentemente diagnosticado, a publicación anual dunha Lista de Alimentos
e a aplicación móbil, actividades de convivencia e encontros entre
asociados, desenrolo do programa Restauración En Galicia Sen Glute,
actividades de difusión, información e concienciación á poboación xeral e a
colectivos de interese, tales como sanitarios ou restauración, entre outros.

OZOCOgz Deseño Galego