A empresa de saneamento busca a orixe da avaría na rede no punto da Foz

IES CHAMOSO LAMAS

Dende esta mañá non se poderá pasar polo túnel que da acceso a pasarela de A Foz pola parte de atrás do Centro Sociocomunitario debido a unha avaría na rede de saneamento de augas. Así o informaba o concello de Ribadavia tras detectar este problema e poñerse en contacto ca empresa encargada deste servizo, que comezaba esta mañá os traballos na zona.

O alcalde, César Fernández, explicou que se está a buscar a orixe da avaría, e que se non fose atopado neste primeiro tramo de saneamento, a obra suporía unha complicación, xa que na zona que alcanza ó túnel non podería acceder a maquinaria.

OZOCOgz Deseño Galego

O concello informa tamén á veciñanza de que o acceso máis próximo a esta zona é polas escaleiras situadas xunto a ponte de ferro do tren.