A OMIX de Ribadavia recibe a catro voluntarios para potenciar os idiomas e a cultura

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia segue potenciando o voluntariado. Neste caso, dentro dun proxecto do Cuerpo Europeo de Solidariedad, chegaron ó municipio catro mozos, que colaborarán facendo actividades e proxectos, así como ensinando idiomas.

Trátase de Lara, procedente de Italia, que despois  dos seus estudos psicolóxicos, agora quere ir na dirección indicada polas súas paixóns: a música e a escritura. Espera poder acompañar, a todo aquel que teña a motivación para producir con diversión e dedicación. Tía, de Eslovenia, quere compartir ideas sobre receitas de cociña rápidas e saudables e manualidades, así como practicar inglés. Colin, dos Alpes,  ten ideas de proxectos sobre tecnoloxía, mecánica e electrónica e axudará a practicar Francés e Inglés. E, por último, Laura, que procede de Almería, aquí en España, e que quedará durante un ano e ten moitas ideas relacionadas coa horta ecolóxica, talleres de reciclaxe, cosmética natural e moito mais.

AVANTAR ACTIVIDADES