Nota Informativa do Psedeg-Psoe de Ribadavia con denuncia sobre o alcalde

O psdeg-psoe denuncia que o alcalde do pp “caciquea” con listaxes de persoas citadas a un cribado da covid-19 que só pode ter o sergas e levará o caso ante a aepd

Publicidade

Fernández está no acceso ao recinto cunha listaxe do Sergas nas súas mans, onde vai comprobando e anotando se os veciños e veciñas que se achegan ata o lugar foron efectivamente citados

“É absolutamente improcedente e reprobable que o PP estea a empregar a pandemia con fins partidistas outra vez”, advirten os socialistas ante uns feitos que causaron malestar a moitos asistentes

O PSdeG-PSOE denuncia que o alcalde do PP de Ribadavia, César Fernández, está a “caciquear” con listaxes de persoas para un cribado da Covid-19, “pasando revista” na porta do antigo colexio da Alameda onde hoxe foron citadas 750 persoas. Os socialistas recordan que esta listaxe só pode estar en mans de persoal sanitario e do Servizo Galego de Saúde (Sergas), polo que consultarán á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) se tivo lugar unha vulneración da normativa vixente nesta materia por parte dos responsables do servizo de saúde e do propio rexedor.

VIDEO PREMER NA IMAXE

“O Sergas ten a obriga legal de custodiar estes datos e calquera outros de carácter sanitario, que é información especialmente protexida, polo que o rexedor conservador non debería estar en posesión desa listaxe, xa que non é nin persoal sanitario nin empregado do Sergas e tampouco membro das forzas de seguridade”, sinalan.