Centros de estética, xestorías e axencias poderán abrir ata as 21:30 horas



Publicidade



As medidas restritivas que entraron en vigor o pasado mércores inclúen algunhas novidades. Recordamos que a hostalaría so poderá ofrecer servizo para levar. Neste sentido, o DOG recolle de xeito específico nesta ocasión un feito que xeraba dúbidas na primeira aplicación en outubro do chamado “Modelo Carballiño”. Así, queda especificada a prohibición de fumar na rúa e tamén a de consumir tanto bebidas coma comidas. Por este motivo, os produtos que se collan para levar como cafés non poderán ser consumidos nas inmediacións dos locais, un feito que xa pode ser multado.

Outra das especificacións que xeraban dúbidas era a hora de peche do comercio non esencial. Así, a normativa deixa claro agora que os servizos poderán manter o seu horario ata as 21:30 horas. Deste xeito, centros de estética, salóns de peiteado, inmobiliarias, axencias ou xestorías poderán abrir máis tarde das 18:00horas. Os  centros de venda de vehículos so poderán ampliar o horario no caso de ter taller.

Nun primeiro momento, a modificación deste horario era aplicable para todo o servizo non esencial. Ás 18:00 horas, pechaban os comercios, tanto tendas de roupa, librarías, zapatarías ou centro de estética. Se para algúns comercios o peche dos bares supón que merme a afluencia de xente, para os centros de estética este cambio de horario é un problema, segundo algúns deles.

Para outros, o horario de peche non sofre grandes cambios. Pero co que si afirman que non están de acordo e que xente dos concellos limítrofes non poidan acudir a recibir este servizo ó Carballiño cando nos seus municipios non contan con esa opción.