Galicia rexistra 1.390 positivos de covid-19 na xornada de hoxe

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 1.390 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, incluso restadas as altas, os datos totais pasen ós 22.124. Galicia xa encadea dez días rexistrando cifras preocupantes. A presión asistencial ascendeu. Hoxe hai 210 (+13) persoas na UCI, e 1.086 (+35) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras é hoxe a área galega con menos casos novos. Contamos con 190 contaxios novos, deles 160 confirmados por PCR. Restadas as altas, a cifra sobe con respecto a onte en 21 casos, ata os 2.989 casos. Porén, os hospitais contan con 178 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e mantendo 12 (-2) na UCI. Sanidade informou onte do falecemento de 30 persoas diagnosticadas de covid19, sete delas na provincia de Ourense.  

AVANTAR ACTIVIDADES