A Plataforma en defensa do transporte público incidirá nas súas revindicacións

A Plataforma en defensa do tranporte público incidirá nas súas revindicacións a partir de agora unha vez rematado o estado de alarma como aseguraron nunha comparecencia na estación do adif

A plataforma pola defensa do transporte público do Carballiño facía hoxe unha rolda de prensa na estación do adif valorando as ultimas actuacións e as reunións que mantiveron con distintos representantes públicos así coma de partidos políticos locais, provinciais e autonómicos. A plataforma reclama a implicación das administracións na problemática do transporte público, sen que sirva como escusa as restricións de mobilidade da pandemia sanitaria, por elo esixen o aumento dos servicios para o vindeiro curso. Asemade, demandan explicacións sobre o estado do proxecto da estación intermodal que se prevé situar na estación de trens. O presidente da asociación xuvenil Xuca, Ramiro Bello, amosou a súa preocupación por esta cuestión a espera da resposta do alcalde Francisco Fumega e do delegado da Xunta, Gabriel Alén.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tal e como explicaron esta mañá, as actuacións reivindicativas da plataforma veranse aumentadas nos vindeiros meses agora que rematou o estado de alarma.

Por parte de Asesgal, Jaime Godás resaltou a importancia do compromiso das autoridades políticas

Joaquín Moldes salientou o seu orgullo por a xuventude do Carballiño e o compromiso que amosan nesta loita.