Carballiño ten en marcha varias obras en rúas e cambio de abastecemento

As obras nas rúas Saleta, Madalena, Solana e San Benito, suporán unha mellora significativa dos viais deste barrio, cuxo estado era moi deficiente. Tamén está a renovación do saneamento da Baixada a Flores e a rúa Azucena, así como a ampliación da rotonda de Flores, en Aquilino Sánchez.

Nas rúas Eusebio Lorenzo e Blanco Amor, no entorno da Veracruz, está finalizada a reforma, a falta de cambios no pintado. Cun presuposto de licitación de 108.207 euros, e o de adxudicación de 79.327 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Executanse tamén reformas nas rúas Baleares, Rioja, País Vasco, Navarra, Aragón, Extremadura, Madrid y Cataluña.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, falou de como prosiguen estas obras, que contemplan o entorno do Xulgado.

Tamén está a reforma das rúas Beariz, Boborás, Leiro, Maside, Punxín e San Amaro; así como el plan de iluminación led entre O Torrón e As Caldas de Partovia.

Próximamente vaise a licitar a obra de acondicionamento do acceso as piscinas, obras en Mudelos Paciños, e comezarán xa as obras nas rúas Volante, Pico Seco e Pena Grande.