O carballiñés Rubén Rúa coordinará o Grupo de Expertos de Facendas Locais e Catastro

A Asociación Española de Asesores Fiscais, tras analizar as candidaturas e perfís profesionais presentados, tomou a decisión de nomear como coordinador do Grupo de Expertos de Facendas Locais e Catastro ó avogado carballiñés, Rubén Rúa.

A Asociación Española de Asesores Fiscais foi creada en 1967 co obxectivo de aunar esforzos nunha profesión que supón un papel fundamental no desenvolvemento do Estado. A día de hoxe reúne a máis de 3.000 profesionais do sector, titulados universitarios especializados en materia fiscal que se adican de xeito principal ó sesoramento tributario. O Grupo de Expertos ós que liderará está formado por persoeiros deste sector coma Jaime Aneiros, Eduardo de la Orden, Manuel Esclapez, María Luisa Esteve, Isabel García-Ovies, Juan Manuel Herrero, Manuel Lucas, Diego Marín-Barnuevo e Jesús Ramos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Comisión Directiva desexa toda a sorte a Rubén Rúa ó fronte deste novo cargo, que afirman que será desenvolto polo carballiñés con ilusión e confianza.

Información sobre a Asociación Española de Asesores Fiscais,

https://www.aedaf.es/es/sobre-aedaf/7