Torneo de moito nivel e posiblemente un dos torneos máis duros en canto a rivais que se atopou. Dar os parabéns aos semifinalistas Telmo Alexandre e Francisco Javier Alonso Gutiérrez e en especial ao seu rival na final Diego Rey Fernandez que sempre está arriba, e o seu título está ao caer.

Publicidade

Bóla 10 pertence á modalidade pool dentro do billar, é xogo de tiro anunciado, xogado cunha bóla branca e dez bólas de cor numeradas do 1 ao 10. En cada tiro a primeira bóla obxectiva contactada debe ser a de numeración máis baixa sobre a mesa. Gaña a partida o xogador que emboque a bóla 10 legalmente. Se a bóla dez é embocada durante o tiro do saque non será válida a acción e a bóla 10 será reposta no punto de pé e o xogador que fixo o saque continuará a súa quenda se non cometeu falta. Soamente pódese anunciar unha bóla en cada tiro.