O cribado deixa 5 positivos en test de antíxenos e 9 máis a través de PCR

O cribado transcorreu sen incendias, con persoal da Policía Local, do Grupo Municipal de Emerxencias e de Protección Civil, que garantían que non se producisen aglomeracións. Na xornada da mañá, das 09:00 horas ata as 14:00 horas, realizáronse 638 test de antíxenos das 1.000 persoas convocadas, cun 64% de participación. Os resultados, que se coñecían ós 15 minutos da realización do test, deixaron cinco positivos. Na xornada da tarde, dende as 15:15 horas ata as 20:15 horas, realizáronse 666 PCR das 1.000 persoas convocadas, cun 66,6% de participación. O resultado das PCRs, obtidos esta tarde, sáldase con 9 positivos máis.

Publicidade

A participación global foi de 1.304 persoas dos dous milleiros convocados, o que se traduce nun 65,2%, unha cifra que concorda cos cribados realizados noutros municipios coma Ribadavia, Coles Celanova ou a cidade de Ourense. A principal finalidade destes cribados é a de detectar as persoas asintomáticas e a de facer unha avaliación aleatoria de como se atopa o municipio. Os profesionais do Sergas explícanos cal é procedemento destes cribados.

Quixemos tamén falar cos convocados. Para moitos deles era a súa primeira proba, e outros xa eran veteranos. O sentimento xeral era o de tranquilidade e tamén fixeron fincapé na importancia de facer esta proba polo ben de todos.