Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 880 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, incluso restadas as altas, os datos totais pasen ós 22.420. encadeou dez días rexistrando cifras preocupantes, e que dende esta fin de semana comezan a amosar unha tendencia ó descenso. A presión asistencial ascendeu. Hoxe hai 242 (+30 na fin de semana) persoas na UCI, e 1.086 (+124 na fin de semana) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras é hoxe a área galega con menos casos novos. Contamos con 132 contaxios novos, deles 125 confirmados por PCR. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 66 casos, ata os 2.883 casos. Porén, os hospitais contan con 185 (+7) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e mantendo 13 (+1) na UCI.

Esta fin de semana, Galicia rexistra 14 falecementos, dous deles en Ourense.