Marcos Rodríguez proclámase subcampión de España Júnior de XCO

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O pasado fin de semana, a localidade madrileña de Arroyomolinos foi o escenario do Campionato de España Júnior de Cross-Country Olímpico (XCO), onde o noso representante, Marcos Rodríguez, acadou un fito histórico ao proclamarse subcampión estatal.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nunha carreira de altísimo nivel e disputada baixo unhas condicións meteorolóxicas extremas, cun calor sofocante que puxo a proba a resistencia de todos os participantes, Marcos demostrou unha gran fortaleza física e mental. O ciclista realizou unha actuación maxistral que lle permitiu cruzar a liña de meta na segunda posición, só superado polo campión, Benjamin Noval.

Esta medalla de prata non é só un triunfo persoal, senón que supón un novo fito para a historia do noso club. Este subcampionato engade un novo e brillante capítulo ao noso palmarés, reflectindo o excelente traballo que se está a realizar nas categorías de base.

Dende a dirección deportiva queren destacar “o esforzo, a constancia e a calidade humana de Marcos, que con este resultado consolídase como unha das promesas máis firmes do ciclismo nacional”.

En nome de toda a entidade, queremos transmitir as nosas máis sinceras noraboa a Marcos Rodríguez, ao seu adestrador, familia e a todos os que forman parte do seu día a día.

Parabéns, Marcos! Este orgullo é de todo o club.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------