O concello avisa da limpeza das marxes das estradas de maior risco de incendio

O Concello do Carballiño asinou un convenio ca empresa pública de servizos agrarios SEAGA para a elaboración do Plan De Incendios e o establecemento dun sistema de xestión da biomasa nos montes ou terreos forestais incluídos nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa . Así, a partires do próximo mes, comezará a limpeza das marxes das estradas daqueles núcleos rurais que presenten maior perigo, sendo prioritarios os que teñen unha soa entrada e saída.

A concelleira de Medio Rural, Rosa Fuentes, destaca, entre outros, os seguintes tramos: Varille-Montegrande-As Caldas, As Lámparas-Sagra-A Fraga, Pena Cobertoira- Bouteiro, Seoane-Mouriz, Saa-A Granxa- A Lama-Pol e a entrada a San Félix de Barón.

Ademais, o Concello publicará un bando, para avisar con antelación, do prazo do que dispoñen   os propietarios para a corta das árbores afectadas pola franxa de seguridade marcada no plan de incendios. No caso de que non se efectúe dita corta, será SEAGA a que realice as cortas e retire a madeira, co fin de que non quede combustible que facilite o avance do lume.

Publicidade Premer na Imaxe