A subdelegación do Goberno non recuperará a canle de venta física do tren do Carballiño

O 30 de novembro do pasado ano, a Plataforma en Defensa do Transporte Público do Carballiño mantiña unha reunión co subdelegado do Goberno, Emilio González, presentándolle unha serie de cuestións importantes para a agrupación e para o servizo local. A subdelegación emitiu unha resposta por escrito. En canto á reposición da canle de venta, rexeitan volver a recuperar este servizo asegurando que a día de hoxe hai canles suficientes para acceder ós billetes, como a venda online, por vía telefónica, no punto de venda na oficina de Correos ou a bordo do tren.

En canto á reposición de servicios ferroviarios previos á corentena, aseguran que a oferta actual, con dous tres diarios a Santiago, é superior á oferta cidadá, polo que non consideran oportuno poñer máis trens ó servizo. Por último, informan de que o Estado prevé unha forte inversión este ano para dar pulo ó AVE Zamora-Lubián-Ourense con 85 millóns de euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa parte, dende a plataforma quixeron tamén dar a súa resposta ante estas resolucións. Esta reunión completaba unha serie de visitas tanto a partidos políticos coma institucións. A conclusión que saca a plataforma é o que xa aseguraban dende o inicio da agrupación: o tren non é unha prioridade, afirman. Consideran que hai un acordo non verbal para desmantelar a rede de cercanías. Cren que o único no que están postos os esforzos institucionais é no AVE e o tren de cercanías está cada vez máis olvidado.

Como plataforma aseguran que non van a permitir que esto aconteza a pesar de que a situación da covid está poñendo máis complicado levar a cabo as reivindicación que lles gustaría. O seu presidente, Ramiro Bello, asegura que en canto a situación epidemiolóxica no Carballiño se estabilice, seguirán ca súa proposta polo transporte.