Manu Mariña, novo responsable de centros e convenios do Centro de Ensinanzas Deportivas

O Centro de Ensinanzas Deportivas está mudando as súas sedes, instalación e ensinanzas, que permitirán o crecemento de cada centro. Os cambios chegan tamén ó equipo directivo, ca incorporación do ferrolano Manu Mariña, actual xogador do Arenteiro, que será o responsable de centros e convenios da escola.

Manu Mariña foi alumno desta escola en Ourense, onde obtivo o grao medio de técnico deportivo ca especialidade en fútbol, ademais de ter o graduado en nutrición humana e dietética. Actualmente milita no Arenteiro de Terceira División, ó que chegou tras xogar o Play off de ascenso a 2ªB co Ourense C.F.. En terceira división xa é todo un experto, xogando anteriormente no Lugo B e nas Pontes, e un ano en 2ªB na U.D. Somozas.

AVANTAR ACTIVIDADES