O PSOE de Leiro pide medidas fronte o aumento de casos covid tamén fora da residencia de maiores

O secretario xeral de politica social da Agrupación Alex Vázquez conxunto o Portavoz Municipal Manuel Rodriguez veñen de presentar por rexistro municipal, unha moción en relación a situación covid-19 que sufre o Concello de Leiro nestes momentos, fora do entorno da Residencia de Maiores, xa que afirman que é preocupante o aumento considerable dos casos con unha incidencia acumulada moi elevada.

Dende o Partido Socialistas vense na obriga de propoñer unha serie de medidas coma solicitar á Xunta de Galicia un cribado da poboación contaxiada asintomática, reforzar a vixilancia do cumprimento das medidas e restricións, incrementar as desinfeccións nas zonas publicas, reforzar a limpeza viaria, habilitar un servizo de recollida de residuos específicos para as vivendas con casos activos de COVID e habilitar axudas económicas para os sectores máis afectados.

AVANTAR ACTIVIDADES