Ourense pon especial atención na UCI, con 18 persoas ingresadas hoxe

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 874 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 21.686, baixando a cifra con respecto a onte en máis de 600 casos. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 251 (+4) persoas na UCI, e 1.038 (-32) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexístrase a quinta xornada de descenso. Contamos con 112 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 152 casos, a maior baixada das últimas semanas, ata os 2.578 casos totais. Os hospitais hoxe amosan certa preocupación na unidade de críticos, contando con 154 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e soben ata os 18 (+3) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES