Segundo o BNG, se o PP o que quere é sacar do bloqueo á cidade, que permita a formación dun novo goberno e deixe de xogar ao “agora entro, agora saio”

Os nacionalistas non comparten os argumentos dos populares, que o único que están a facer coa súa actitude é perpetuar a Jácome e por extensión a parálise e a deriva no concello. Pídenlles valentía e recoñecer o que realmente están desexando facer, volver ao goberno local.

Publicidade

Para o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense e máis concretamente para a concelleira Rhut Reza e o concelleiro Luis Seara, o ofrecemento feito no día de onte polo alcalde revela algo que os nacionalistas levan tempo advertinto e do que o propio Jácome é consciente, “non se pode gobernar o terceiro concello do país con soamente tres concelleiros”.

Ante dito ofrecemento, o BNG respostou rápidamente declinando dito convite e convidando ao alcalde a botarse a un lado e permitir a formación dun novo goberno con capacidade para sacar a cidade da parálise e do bloque o no que está sumida. A única obsesión de Jácome e seguir no poder ao prezo que sexa e a costa do que sexa. Un Jácome que ten demostrado non ter nin proxecto para a cidade nin solucións para sacar a Ourense da parálise na que se atopa.

A decisión adoptada polo PP nas últimas horas de voltar a formar parte da Xunta de Goberno Local non convence no BNG pois se o argumento dos populares para xustificar esta decisión baséase en desbloquear a cidade, para o BNG teríano ben doado asinando a moción de censura e permitindo que a listaxe máis votada nas pasadas eleccións formase un novo goberno con capacidade para xestionar o día a día do concello.

A decisión dos populares revela as súas propias contradiccións. Si daquela dicían que tiña que conformarse un goberno forte e cunha maioría sólida, porqué agora volven a un en minoría. Para os nacionalistas este feito revela que non tiñan nin o máis mínimo interese en desaloxar a Jácome da alcaldía.

O PP ofrece agora un apoio “temporal” para seguir mantendo no despacho de alcaldía a un alcalde que según eles mesmos “debe dar moitas explicacións ante as graves acusacións e irregulariedades cometidas cos fondos que recibe do concello”. Non se entende logo de ter xerado unha crise de goberno abandonando o mesmo o pasado mes de agosto e logo de bloquear calquera alternativa viable para sair desta situación, agora o PP argumente a necesidade de non bloquear a cidade como escusa para voltar á Xunta de Goberno Local.

Desde o BNG pídenlle aos populares, aproveitando ademáis o tempo de entroido no que estamos, que saquen dunha vez a máscara e recoñezan o que están desexando facer desde hai meses, volver ao goberno local do Concello de Ourense con Gonzálo P. Jácome como alcalde.