O Carballiño afianza a tendencia á baixa, contando hoxe con 77 casos, catro menos ca onte

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 119, unha cifra que baixa notablemente pola evolución de varios concellos.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nesta vila, hoxe os datos baixan dos 81 ós 77, catro casos menos ca onte. Se nos fixamos nos novos contaxios producidos nos últimos 14 días, a cifra baixa ata os 73, e recordamos que a pasada semana estaba en cifras de máis de 90.

O seguinte concello da comarca con mais casos é o de Maside, que baixou esta fin de semana dos 18 ós 13 (-5) contaxiados. San Cristovo de Cea baixa dos 14 ós 12 contaxios. E despois Boborás, que baixa ata os 11 casos activos.

Punxín baixa un caso, ata 5 contaxios. San Amaro conta hoxe cun caso activo. Piñor pasou de estar libre de coronavirus a contar cun caso activo, igual ca Irixo, que conta hoxe cun contaxiado. Beariz mantense libre de coronavirus.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------