“Somos de Raza”, nova campaña de promoción en medios de Asoporcel

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta ( Asoporcel) acaba de poñer en marcha a primeira parte da súa campaña de promoción e posicionamento “Somos de Raza”, a cal deu comezo esta semana na Televisión de Galicia e estará tamén presente en emisoras da comunidade e nas redes sociais durante os próximos meses.
Trátase da segunda iniciativa deste tipo que a asociación presenta. Mentres que a primeira delas, que se anunciou hai agora un ano, estaba centrada nas bondades deste porco e dos seus derivados, nesta nova acción poñerán tamén o foco nos criadores e no seu labor imprescindible para a conservación da fauna e a flora autóctonas. “Queremos que esta campaña sexa unha homenaxe ao labor esencial que fan os nosos gandeiros, xa que non só están a axudar a recuperar unha raza autóctona galega, senón que tamén, grazas ao sistema de cría en extensivo deste animal, están a contribuír a preservar o noso medio”, sinalan desde a asociación. Conservar o patrimonio xenético da raza, contribuír á loita contra os incendios forestais, coidar da paisaxe galega e fixar poboación no rural son algunhas das vantaxes que se esconden tras a cría do Porco Celta.
Con motivo do Nadal, emitirase unha versión especial do anuncio en Noiteboa e Fin de Ano e, ademais Asoporcel xa está a desenvolver unha serie de iniciativas complementarias en redes sociais (entre as que destaca a segunda edición do seu Concurso de Postais de Nadal), as cales seguirán o ano que vén con novas actividades presenciais e dixitais de promoción da raza e dos seus derivados.
O PRIMEIRO VÍDEO, XA DISPOÑIBLE
O primeiro vídeo da campaña xa se pode ver nas redes sociais de Asoporcel (Facebook, Instagram e Twitter) e a través desta ligazón: Porco Celta, somos de raza.

https://bit.ly/somos-de-raza1

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

UN ANO MOI FRUTÍFERO
Asoporcel pecha 2021 cunha valoración moi positiva do traballo realizado. Ademais da súa aposta por reforzar a presenza en medios para promocionar a raza –xunto coa publicidade orgánica en soportes impresos e audiovisuais, da man dos seus criadores a raza estivo presente en máis de medio centenar de notas e reportaxes no último ano–, a asociación segue vendo como van en aumento tanto as incorporacións de xente nova ao sector, como tamén o volume de carne certificada e o número de locais nos que é posible adquirir produtos derivados. O Porco Celta está presente en sitios cada vez máis variados: desde prazas de abastos ata grandes superficies, pasando por locais gourmet, tendas de barrio e páxinas de comercio en liña.

Máis información sobre Asoporcel en:
asoporcel.es
facebook. com/ asoporcel. porcocelta
instagram. com/ porcoceltaasoporcel
twitter. com/ ASOPORCEL