A Deputación ofrece un curso de formación en ecodeseño e etiquetaxe para produtores da provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta acción enmárcase no proxecto “Ecosistema de producións sostibles de alto valor engadido na provincia de Ourense”, financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Terá unha duración de 11,5 horas, divididas en 8,5 presenciais (en Paderne de Allariz) e 3 horas en liña. As persoas interesadas en participar, poden apuntarse no seguinte ligazón: https://inorde.com/proyectos/aqui-hai-rural/

Ourense, 26 de novembro de 2024.

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, ofrecerá durante o mes de decembro un curso de formación en ecodeseño. Esta novidosa acción formativa pretende proporcionar aos produtores da provincia coñecementos aplicados á fase de envasado no proceso produtivo, apoiando así a comercialización de produtos cun enfoque na marca e na súa etiquetaxe.

Este curso contará cunha duración de 11,5 horas, divididas en 8,5 horas presenciais (que se impartirán no Concello de Paderne de Allariz) e 3 horas en liña. Enmárcase no proxecto proxecto “Ecosistema de producións sostibles de alto valor engadido na provincia de Ourense”, financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

O programa comezará o luns 2 de decembro cunha xornada, entre as 15 e as 19.30 horas, adicada ao ecodeseño e etiquetaxe de produtos, impartida por Silvia Ros Urrutia, consultora en sostibilidade corporativa e seguridade alimentaria; así como por Eva D. Castro Outeiriño, experta en sostibilidade. A segunda xornada será en liña, o xoves 5 de decembro, de 16 a 19 horas, e estará centrada no ecodeseño en mel e conservas vexetais. Estará impartida por Noemí Cortizas, experta en ecodeseño e CEO da empresa Ydemarker e de Material Innovatio Hub. A última xornada, presencial, será o xoves 12 de decembro entre as 16 e as 20 horas. Esta será de carácter práctico sobre a aplicación de conceptos de ecodeseño coa análise de 4 casos de boas prácticas por parte de empresas galegas.

Esta iniciativa ven a complementar as ferramentas que se poñen a disposición do produtores desde o organismo provincial, para contribuír a diferenciarse no mercado no marco da “Estratexia provincial de impulso a producións sustentables de alto valor engadido”.